Apertura do prazo de inscrición para o nivel Iniciación do COMDIX

Dende a concellería de Novas Tecnoloxías se informa que mañá xoves día 11 terá lugar a apertura do prazo de inscrición para facer os exames COMDIX nivel Iniciación, que terán lugar na Aula CeMIT de Ribeira os días Mércores 29 e Xoves 30 de Outubro, en 2 quendas, de 10 a 12 horas e de 12 a 14 horas

As inscricións serán só para o nivel Iniciación do COMDIX, xa que este ano, por primeira vez, separaron por meses os niveis: a finais de outubro faranse as probas para a obtención do COMDIX Iniciación; e a finais de novembro as do COMDIX Intermedio.

----------------------

Prazo de inscrición para facer o exame COMDIX Iniciación - Do 11 ao 24 de Setembro

Días de Exame na Aula CeMIT Ribeira: 29 e 30 de Outubro.

-----------------

Máis información:

Datos principais da convocatoria:

· Publicación no Diario Oficial de Galicia: mércores, 10 de setembro

· Inicio do prazo de inscricións: xoves, 11 de setembro, ás 00:01 horas

· Remate do prazo de inscricións: mércores, 24 de setembro, ás 23:59 horas

· Donde inscribirse:  na web do CeMIT (https:\\cemit.xunta.gal)

· Soamente unha inscrición por persoa participante

· O 25 de setembro realizarase o sorteo, publicándose na web 1-2 días despois a listaxe provisional e comunicando por correo electrónico aos participantes os resultados (admitidos provisional, listaxe de reserva, etc)

Unha vez publicada a listaxe provisional: prazo de 10 días para renuncias e chamamento de reservas para cubrir as prazas das persoas que comuniquen a non asistencia; senón renuncian, son admitidos definitivamente sen posibilidade de renunciar despois sen ser penalizados (excepto xustificación documental)

Como novidade nesta convocatoria, unha vez publicada a listaxe definitiva, as persoas que non obtiveron praza disporán dun prazo extraordinario de 2 días para solicitar praza naqueles lugares nos que quedaran vacantes.

Unha vez se abra o prazo de solicitudes colgaremos na web do CeMIT (https://cemit.xunta.gal) unha “INFORMACION DESTACADA” e unha nova na que figurará a calendarización destas probas, para facilitar que as persoas interesadas se inscriban na localidade do seu interese.