
Ribeira reforza a súa aposta pola reciclaxe de desfeitos orgánicos e simplifica o sistema de apertura do colector marrón.
Por unha Ribeira máis sostible.
As familias que desexen solicitar a chave e sumarse á separación e reciclaxe dos residuos orgánicos poden facelo cubrindo este formulario web. Tamén poden consultar a localización dos colectores máis próximos á súa vivenda mediante este mapa.
Esta iniciativa serve tamén para recordar que os residuos que deben depositarse no colector marrón son os restos de froita, verdura, carne e peixe, cunchas de mariscos ou froitos secos, restos de pan, café, infusión, papel de cociña, restos de plantas, cortizas, en definitiva calquera resto orgánico.
Pola contra, queda prohibido depositar neste colector os envases, cueiros, compresas, bastonciños dos oídos, plásticos e outro tipo de residuos non orgánicos.