No Concello de Ribeira seguimos coa benvida ao verán, e que mellor maneira de facelo que con música para as persoas máis novas da casa!
“Como montar a túa banda de verán”. Xoán Curiel. Ler Conta Moito
Espectáculo para nenos e nenas a partir de 3 anos coas súas familias.
Data: Sábado, 12/07/2025
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas (r/ Manuel Lustres Rivas, 20, 2º. 15960 Ribeira)
Inscricións: normalizacion@ribeira.gal
Imos montar un grupo de música no que van poder tocar todas as nosas amizades.
Partindo do argumento da primeira novela-CD da literatura galega Estamos no verán!!! Xoán Curiel tráenos esta magnífica proposta. Unha experiencia absolutamente participativa onde se mesturan narración oral e música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais e de clown.