En nome do Alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral e a concelleira de Cultura, Antía Alberte Maneiro, comprácenos convidarvos a ti e aos teus socios e socias ao acto inaugural da exposición “Antoloxía Debuxada III” dos artistas locais Maralla, Antonio Pérez, Xoán Fernández, Teresa Ramallo, Uxía Fernández e Xerardo Crusat, que terá lugar o vindeiro venres 11 de xullo, ás 20:00 h na sala do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, sita en rúa Manuel Lustres Rivas, 20, 2º andar, dereita desta cidade.
Agasallarase cun catálogo da mostra, editado pola área de Cultura de Ribeira, a cada asistente. Agradecemos a difusión deste acto, de entrada libre e de balde, para acoller con agarimo aos nosos creadores; a exposición estará aberta ata o vindeiro 30 de agosto, en horario de luns a venres de 10 a 14 h con entrada gratuíta.