· Na escea máis de 30 músicos e colaboracións especiais dende outras cidades do Estado
Ribeira, 20 de maio de 2025. — Hoxe tivo lugar a presentación desta coñecida orquestra dirixida por Xandre Millet. Á presentación acudiron o tenente de alcalde, Vicente Mariño, a concelleira de Cultura, Antía Alberte o propio Xandre Millet xunto con membros da directiva.
A concelleira falou da celebración deste primeiro aniversario da inauguración do auditorio, na que repasou os diversos eventos e actuacións que se desenrolaron ao longo do ano “foi un ano completo de programacións en tódolos eidos, tanto tamén en entidades locais, asociacións culturais, produtoras locais e o propio concello que en ocasións traballou de forma colaborativa”, Alberte anunciou que para celebrar este primeiro aniversario “pensamos en facer un concerto importante dunha entidade local, moi profesional como é a Orquestra Sons”, Antía para finalizar anunciou que “o día 6 de xullo actuará a Orquestra Sons no auditorio ás 8 da tarde e as entradas poranse a venda o vindeiro venres 23 de maio a partir das 9:00 h tanto en ataquilla coma no concello”.
Xandre Millet sinalou que “unha vez máis, a nosa orquestra volve marcar tendencia no panorama da música de plectro, tanto polo coidado repertorio escollido como pola orixinal mestura instrumental.Presentamos con moito orgullo o concerto –Dende as Raíces–, un proxecto que afonda na identidade galega a través da música, e que aposta pola innovación sen perder a esencia”. O concerto dividirase en dúas partes anunciou Millet.
Primeira Parte: Galicia como punto de partida
Nesta sección se fará unha viaxe musical polas cancións máis fermosas do noso folclore, rendendo homenaxe a figuras e grupos fundamentais da nosa historia musical.
Entre eles destacan Andrés do Barro e Os Tamara, “verdadeiros pioneiros que souberon achegar a música galega a novas xeracións e escenarios, sen renunciar nunca á súa identidade. A súa influencia e legado resoarán con forza nesta primeira parte”.
Segunda Parte: 10 anos de dirección, 10 anos de creación
Se celebrará unha década do director ao fronte da orquestra, interpretando dúas das súas obras máis emblemáticas:
• “O que o tempo non puido borrar”
• “Memorias dunha illa: Sálvora”
Ademais, nesta ocasión tan especial, se estrearán dúas novas obras inéditas que afondan aínda máis na raíz galega:
• “Marmurios das ondas”: Unha composición de 20 minutos de duración que retrata catro estados do mar —calmeiro, roleiro, maraxe e maruxía— e que rende homenaxe ás xentes do mar.
• “Antergos de antano”: Unha evocación sonora da Galicia celta, cargada de simbolismo e tradición. Nesta peza se contará coas colaboracións especiais da soprano Genma Román e do frautista Iago que enriquecerán a experiencia con matices únicos.
Todas as obras do director beben dos ritmos e modos da música tradicional galega, fundíndoos con harmonías contemporáneas que ofrecen unha sonoridade nova pero profundamente enraizada.
Millet rematou “con todo isto, non podía levar outro nome: Dende as Raíces. Un concerto para sentir, lembrar e celebrar quen somos a través da música.
Para rematar o acto Mariño se congratulou “de que unha orquestra de Aguiño celebre o aniversario do Auditorio Municipal” e tamén animou á veciñanza para ”que se achegue a celebrar este concerto tan especial e emotivo”.