null Ribeira dará a benvida ao Nadal co acendido da iluminación no 27 de novembro
Ribeira dará a benvida ao Nadal co acendido da iluminación no 27 de novembro
Whatsapp: Ribeira dará a benvida ao Nadal co acendido da iluminación no 27 de novembro

O Nadal acenderase en Ribeira na tarde do 27 de novembro, coincidindo coa celebración do Black Friday no comercio local. Premerase a iluminación ás 19.00 horas, na cúpula instalada no Malecón para, deseguido, desprazarse ata a Estrela no cruce coa rúa Rosalía de Castro, para seguir camiñando por ela e dirixirse pola rúa Galicia rumbo á praza de Porta do Sol e abrir o nacemento.

No remate, repartirase chocolate con churros entre as persoas asistentes ata esgotar as existencias, ademais dunha foodtruck de Galicia Sabe AMar.

Animación de rúa

As rúas gozarán tamén de animación da man de Troula, co espectáculo O séquito branco do Carteiro Real -integrado por un elenco de 14 persoas entre zancudo, carteiro real, fadas e músicos percusionistas, tematizados de Nadal-, e a Charanga BB+.