Novas

Ambar presenta a undécina Carreira pola Diversidade
Whatsapp: Ambar presenta a undécina Carreira pola Diversidade

Ribeira, 30 de abril de 2025 — Hoxe 30 de abril ás 11h a Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional estivo presentando a XI Carreira pola Diversidade no Concello de Ribeira. Na presentación estiveron presentes Xabier Vidal, concelleiro de Deportes, o segundo tenente de alcalde xunto cos concelleiro e concelleiras de Mar, Educación, e Cultura; Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar; Joserra Figueira, responsable de deporte da entidade e Manuel Alonso, integrante do equipo running de Ambar.



Nesta xornada destacouse que a XI Carreira pola Diversidade terá lugar o 11 de maio ás na Explanada de Coroso – Ribeira ás 10:00 h. Como complemento á modalidade presencial da Carreira, ofrécese a posibilidade de realizar unha andaina, a cal sairá xusto despois da saída da proba absoluta cas diferentes categorías.


As inscricións para as modalidades estarán abertas ata o 6 de maio en cronotec.es e na mesma plataforma está dispoñible a posibilidade de facer unha doazón solidaria a través do Dorsal 0.
A cota de inscrición é de 7,50€ e a recadación destinarase a organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades, ó mesmo tempo que tamén se ofrece un respiro e conciliación para as familias.
Abriu a xornada desta mañá Xabier Vidal, concelleiro de deporte ...”quen falou da importancia dunha proba incluva na comarca e animou a toda a comunidade a participar...”
Procedeu Milagros Pérez Rey agradecendo o Concello de Ribeira o seu labor na Carreira e destacando a importancia de volver a práctica deportiva inclusiva.
Joserra Figueira, reponsable da área de de deporte explicou o percorrido, o cal consta de 5km, e as distintas modalidades, as cales son zapatilla, zapatilla inclusiva, handbike e cadeira de rodas. Tamén hai modalidade infantil, cuxa inscrición é gratuíta.
Manuel Alonso, membro do equipo running, compartindo a súa experiencia persoal participando en edicións anteriores de carreira pola diversidade e animando a toda a comunidade a participar.
Pechou a xornada Fernando Abraldes agradecendo “o labor que está facendo esta entidade pola inclusión das persoas”, rematou animando “a toda a veciñanza e á xente da comarca a participar o vindeiro 11 de maio”.
 

Cronograma
9:00 Reparto de dorsais
10:00 Comeza a categoría absoluta coa distancia de 5Km
10:05 Comeza a andaina
11:00 Categoría de 12 a 15 anos cunha distancia de 2Km
11:20Categoría de 9 a 11 anos, ten unha distancia de 1Km
11:30 Categoría de 6 a 8 anos, distancia de 300 m
11:45 Categoría de 0 a 5 a nos, cunha distancia de 100 metros.
12:00 Entrega de premios
12:30 Concerto Ambareño e pincho solidario

Documentos