· Inscricións do 9 ao 13 de xuño
· Cada persoa poderá solicitar praza en tódalas actividades que lle sexan de interese
Ribeira 3 de xuño de 2025. — O fin de curso vai chegando ao seu fin, se o venres pasado presentamos o prazo para a inscrición nos Campamentos de Conciliación do Verán 2025, hoxe presentamosas Actividades Deportivas para o Verán 2025.
No día de hoxe asitiron á presentación, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a concelleira de Cultura, Antía Alberte e os técnicos municipais de Deportes e Xuventude.
O concelleiro anunciou que se vai a contar con oito escolas en terra; “baloncesto, nada e corre, pádel, patinaxe, psicomotricidade, tenis, voleipraia e xadrez, aparte das actividades náuticas”. Vidal salientou que con estas actividades deportivas “intentamos cubrir o ocio da xente máis nova e da mocidade de Ribeira a través do deporte ao longo de todo o verán”. Xabier animou a inscribirse e “gozar dun verán de lecer e deportivo”, e rematou informando sobre o número de prazas coas que contan as actividades de terra, “ao redor de 330 prazas cun prezo de inscrición de 18,60 euros”.
Vidal pasou a palabra a Alberte que presentou a oferta das actividades náuticas: iniciación á vela, iniciación ao surf, windsurf, paddel surf e kaiac, “no que o requisito esencial é saber nadar”. As actividades acuáticas están indicadas para nenos nados no rango 2006 e 2016, os prezos son asumibles; o de vela será de 25 euros mentres que os demais serán de 50 euros.
A concelleira informou sobre as localizacións das actividades, as clases de surf se impartirán na praia do Vilar e na Ladeira, e o curso de iniciación de windsurf, paddle surf ou kaiac na praia de Coroso.
As prazas definitivas sairán o 23 de xuño, a data límite para facer o pago será o 30 de xuño.
INSCRICIÓNS DO 9 AO 13 DE XUÑO
INFORMACIÓN
Na páxina web do concello www.ribeira.gal, a través do correo electrónico deportes@ribeira.gal , na Oficina de Deportes do Complexo Deportivo A Fieiteira ou no teléfono 981 87 36 46 (horario de atención ao público é de 09.00 h. a 13.30 h.).
Tódalas datas que se indicarán nas seguintes bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de xeito que, si acontecese algún imprevisto en algunha das fases do procedemento, a Oficina Municipal de Deportes poderá cambialas motivadamente.
PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Dende o 9 ao 13 de xuño: O prazo abrirá o 9 de xuño ás 9.00 h. e pechará o 13 de xuño ás 14.00 h. (NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FORA DE PRAZO).
As solicitudes faránse a través do rexistro xeral do concello de Ribeira:
De maneira presencial (atención ao público de 9.00 h. a 14.00 h.), presentando a ficha de inscrición cuberta.
De maneira telemática (necesario certificado dixital), a través da web www.ribeira.gal no seguinte apartado –SEDE ELECTRÓNICA- TRÁMITES DESTACADOS – SOLICITUDE XENÉRICA.
Deberáse tramitar a solicitude de carácter xeral e xuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta.
NÚMERO DE CURSOS POR PERSOA
Cada persoa poderá solicitar praza en tódalas actividades que lle sexan de interese.
As persoas interesadas en actividades nas que se poida elixir entre varias opcións de horarios ou quendas, poderán marcar unha orde de preferencia (do 1 ao 3, sendo 1 o maior interese).
Unha vez realizado o sorteo (se fose necesario), e adxudicadas as prazas, unicamente se terá en conta o primeiro rexistro que acade praza, sendo borrados os restantes.
LISTAXES PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS E CORRECCIÓN DE ERROS (a única intención
deste listado é que as persoas interesadas, poidan contrastar que os datos publicados se corresponden co solicitado).
O 16 de xuño publicaránse na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal , as listaxes de persoas que solicitaron praza, para a súa comprobación e corrección de erros se fose necesario (tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, publicarase o nº de rexistro de entrada da solicitude).
ORDE DE PREFERENCIA
Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgún dos cursos, terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Ribeira (consultarase o censo municipal), e de persistir a mesma situación, realizaráse un sorteo público (o día 19 de xuño, ás 12 horas no salón de plenos municipal).
** Advertir que a falsidade nos datos facilitados, poderá ser motivo de baixa automática **
LISTAXES DEFINITIVAS (listaxe de persoas admitidas).
O 23 de xuño publicaranse na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal, as listaxes definitivas (tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, publicarase o nº de rexistro de entrada da solicitude).
Unha vez rematados os prazos e de quedar prazas libres, poderase seguir anotando xente ata que se esgoten as mesmas, estas anotacións faranse só de maneira presencial na oficina de deportes do concello de Ribeira, entre o 1 e o 11 de xullo (Por estrita orde de chegada).
PRAZO E FORMA DE PAGO DAS ACTIVIDADES
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e publicadas as listaxes definitivas, toda persoa admitida deberá abonar a taxa correspondente (a data límite para facer o pago será o luns 30 de xuño). Para isto deberase entrar na web municipal www.ribeira.gal , no apartado SEDE ELECTRÓNICA – INICIO - TRAMITES DESTACADOS - AUTOLIQUIDACIÓNS –.
Cubrir os datos que se requiren dos tributos “P.P. ACTIVIDADES
DEPORTIVAS DO VERÁN“ OU “PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES NÁUTICAS” (nesta pantalla, na marxe superior dereita, haberá un apartado de axuda no cal se explica como cubrir correctamente o formulario), facer directamente o pago a través da opción PAGAR ONLINE ou IMPRIMIR RECIBO e facer o pago na sucursal bancaria ou no seu caixeiro (Excepto os cursos de iniciación á vela, os cales serán pagados durante a primeira semana de curso, nas propias instalacións de Club Náutico de Ribeira).
** Para todas as actividades, será necesario entregar copia do resgardo de pago, aos monitores, durante a primeira semana de curso.**
** As persoas que acaden praza nalgunha das actividades e non a queiran utilizar, obrigatoriamente deberán darse de baixa antes do comezo das mesmas (de non facelo cobrarase igualmente a actividade a través da recadación executiva)**
COMEZO DAS CLASES
A partir do martes 1 de xullo. Rematarán o venres 30 de agosto.
** Non se chamará a ninguén informando do comezo das clases. **
MÁIS COUSAS
O curso de escolas deportivas de verán ten un prezo de 16,80 €/ curso completo (do 1 de xullo ao 29 de agosto).
Os cursos de surf e windsurf-paddle surf-kaiac teñen un prezo de 50 €/ curso.
Os cursos de iniciación á vela lixeira teñen un prezo de 25€ / curso.
É imprescindible cumprir o requisito de idade (idade mínima e máxima de cada escola) e nas actividades que o requiran, saber nadar.
No caso de matriculación de varios irmáns en escolas deportivas, aplícase una bonificación do 50% no segundo fillo, sendo gratuítos os restantes (non están incluídos os cursos de surf, os de windsurf-paddele surf- kaiac nin os de iniciación á vela lixeira).
** Non haberá descontos a irmáns que participen en máis dunha escola (nas súas segundas e seguintes matrículas).**
A oficina municipal de deportes por motivos técnicos, organizativos, ou de outra índole, resérvase o dereito de reorganizar os grupos e incluso suprimilos se fose necesario.
Non haberá clase nas escolas deportivas de verán os días 24, 25 de xullo e 15 de agosto por ser días festivos (excepto os cursos de surf e windsurf – paddle surf).
A inscrición en escolas deportivas inclúe seguro de RC e de accidentes (haberá un protocolo de actuación que determinará a oficina de deportes en caso de accidente).
Calquera notificación ou aviso referente ás “Escolas Deportivas Verán 2025” farase a través da páxina web do Concello de Ribeira.
OUTRAS NORMAS
“Regulamento de utilización de instalacións deportivas municipais do Concello de Ribeira”.
“Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes”.