Novas

O nome da nadadora María Vilas xa loce no paseo da fama de Castiñeiras
Whatsapp: O nome da nadadora María Vilas xa loce no paseo da fama de Castiñeiras

A parroquia de Castiñeiras celebrou nesta fin de semana; un evento no que houbo oco para a colocación da estrela no paseo da fama en homenaxe á nadadora María Vilas, cuxo nome se suma ao do taekwondista Álex Vidal e ao grupo Heredeiros da Crus.

No acto do sábado, 22 de agosto, participou a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, quen destacou a traxectoria deportista desta veciña que estivo nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro do 2016 nos 800 metros estilo libre e en 400 combinado individual. Especializada en probas de fondo, tomou parte de dous campionatos do mundo e continúa participando en diferentes probas.

Deseguido, a celebración continuou na sardiñada no porto.