
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, puxo durante a tarde de onte en valor a figura de Miguel Ruiz coma “amigo, compañeiro, veciño e impulsor desta proba” e a quen se lle adica por terceiro ano o nome da Carreira Popular Santa Uxía, na que participaron preto de 500 deportistas, 177 nas caregorías superiores. Os mellores tempos foron acadados por Hugo García e Sara Castillo, seguidos de Alberto García e Soledaad Leiro, coa prata, e Juan Alberto Riveira e Nuria Mejuto, co bronce.


En canto á absoluta local destacaron Zaira Iglesias, con María Paz e Silvia Piñeiro completando o podio; mentres que na masculina, Alberto Riveiro quedou de primeiro, acompañado no caixón por Jorge González e Xabi Agraso.


A rexedora, xunto a demais membros do goberno municipal participaron no seguimento da proba e entrega de medallas.