Educación
Documentos

Noticias

Pedro García Aguado impartirá en Ribeira dúas charlas sobre a prevención de adiccións dixitais no 6 de outubro
Whatsapp: Pedro García Aguado impartirá en Ribeira dúas charlas sobre a prevención de adiccións dixitais no 6 de outubro

O Concello de Ribeira colabora na iniciativa dos coloquios que Pedro García Aguado impartirá á comunidade educativa no martes, 6 de outubro, e que versarán sobre a prevención de adiccións dixitais.

A primeira das charlas irá destinada a alumnado de 3° e 4° da ESO de tódolos centros educativos do municipio, de 10.15 a 11.30 horas, no novo Auditorio municipal; mentres que a segunda está orientada a pais, nais, profesorado e todo o público en xeral, en horario de 17.30 a 19.00 horas. Para a sesión da tarde só se require inscrición previa a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1sYRBkoFEK7t_-qa1XaJ644S7TAtVeEpIHHYAoDcW8r0/viewform?pli=1&pli=1&edit_requested=true.