PRAZOS E FORMAS DE PAGO:
As persoas que aparezan como admitidas na listaxe deberán realizar o pagamento do importe correspondente (con ou sen bonificación) mediante autoliquidación do 17 ao 21 de xuño (para os campamentos de verán) e do 19 ao 22 de decembro (para os campamentos de Nadal). Aqueles participantes admitidos que non realicen o pago neses prazos non poderán asistir á actividade e serán dados de baixa en beneficio da listaxe de agarda.
*INSTRUCCIÓNS DE REALIZACIÓN DE PAGO: Entrar na web municipal www.ribeira.gal, no apartado SEDE ELECTRÓNICA-TRÁMITES DESCATADOS - AUTOLIQUIDACIÓNS, e cubrir os datos que se requiren para o “TRIBUTO: PREZO PÚBLICO ACTIVIDADES CULTURAIS” seleccionando no apartado datos de cálculo: Tipo de actividade: opción do campamento correspondente – meses inscritos – bonificación: si ou non”. O pago poderá facerse directamente a través da opción PAGAR ONLINE ou IMPRIMIR RECIBO e realizalo na sucursal bancaria ou no seu caixeiro. Importante: antes de realizar o pago deberase verificar que o importe que se amosa na pantalla corresponde co da modalidade de campamento escollida. Unha vez realizado o pagamento deberase entregar a xustificante do mesmo ao monitorado o día de comezo da actividade;
será requisito indispensable para o acceso e participación na actividade, senón non poderán entrar.