Buscador

Presentación “Bonus Track” do Camiño dos Mitos e Lendas con Tonhito de Poi
Whatsapp: Presentación “Bonus Track” do Camiño dos Mitos e Lendas con Tonhito de Poi

A Concellería de Turismo xunto con Tonhito de Poi presentan un BonusTrack do exclusivo Roteiro de Mitos e Lendas pola gran demanda

Ribeira, 21 de xuño de 2025 — Debido ao enorme interese e a alta demanda que xerou o Camiño de Mitos e Lendas con Tonhito de Poi, a Concellería de Turismo de Ribeira anuncia con entusiasmo a apertura dun” BonusTrack” para todos os amantes da historia, a cultura e as tradicións locais.

Este roteiro adicional que se realizará o 12 de xullo, foi organizado co obxectivo de brindar a oportunidade a máis persoas de gozar desta experiencia única, enriquecedora e chea de misterio, que cautivou a tantos participantes de toda Galicia desde o seu lanzamento. Para garantir unha maior equidade, as prazas do BonusTrack serán asignadas en orde prioridade a quen forma parte da lista de reserva.

"Queremos que todos teñan a oportunidade de mergullarse nas lendas e mitos que fan especial á nosa cultura oral. A gran acollida motívanos a seguir compartindo estas historias e a fortalecer o vínculo coa nosa comunidade", expresou o Concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta.

As inscricións para o BonusTrack xa están abertas e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden consultar máis detalles e reservar o seu lugar  contactando directamente no 981 873 007 ou na OMIT (Oficina Municipal de Turismo)