Buscador

O San Cristovo 2025 concentrará os vehículos no Touro
Whatsapp: O San Cristovo 2025 concentrará os vehículos no Touro

Ribeira, 3 de xullo de 2025. —  No día de hoxe tivo lugar a presentación do San Cristovo, acudiron o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o párroco de Ribeira, Alfonso Mera e a presidenta da asociación Alfaia, Mari Carmen García.

Suárez-Puerta salientou o arraigo que ten esta festa en Ribeira e que “cada vez vai a máis, o no pasado a cantidade de vehículos que se achegaron; foi impresionante”.  O segundo tenente de alcalde  manifestou “o total apoio a todo o que se nos solicite neste aspecto porque entendemos que hai que manter as tradicións de Ribeira e se algunha se pode recuperar non dudaremos en darlle o impulso que necesite e facer que Ribeira manteña a súa esencia”. Colomer anunciou que a data da procesión “será o vindeiro domingo 13 de xullo e como novidade este ano imos a cambiar o punto de partida e imos a saír da zona de Cerqueiras para o comezo da procesión, polo demais o resto se fará como se vén facendo sempre”.

Alfonso Mera doulle as grazas á Asociación Alfaia porque “ao patrimonio inmaterial, moitas veces, non se lle dá demasiada importancia e grazas a esta asociación se están recuperando e mantendo as tradicións de Ribeira”. O párroco de Ribeira comunicou que cada ano esta procesión honra a un tipo de vehículo, “este ano se vai a dedicar aos ciclistas, e coido que é algo moi interesante porque promove o deporte e a reflexión de que todos os vehículos poidan convivir con seguridade”.

Os xornada comezará ás 10.00 horas coa concentración de vehículos no Touro; ás 11:00 horas teremos a actuación do grupo Xiada; ás 12:00 horas a misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa Uxía en memoria das persoas falecidas en accidentes de tráfico e en especial un homenaxe aos ciclistas. Ao remate da misa haberá o tradicional desfile coa imaxe de San Cristovo acompañado do grupo de gaitas Xiada e o Club Reventapistóns dende a Porta do Sol até o Paseo do Touro onde se realizará a bendición e posterior percorrido dos vehículos.

Documentos