Buscador

Artemar desembarca en Ribeira o vindeiro xoves 14
Whatsapp: Artemar desembarca en Ribeira o vindeiro xoves 14

Ribeira, 11 de agosto de 2025. No día de hoxe tivo lugar presentación dunha nova edición da feira artesanal e mariñeira; Artemar 2025, o acto contou coa presenza do concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta.

O concelleiro anunciou que a feira se celebrará do 14 ao 17 de agosto e contará con preto de noventa stands  –17 de alimentación, 3 de restauración e o resto de artesanía variada–, así como espectáculos infantís, animación de rúa e espectáculos nocturnos a cargo da empresa AMB que está especializada neste tipo de eventos. 

Suárez-Puerta manifestou que a rúa de Galicia “será a principal zona dos postos da feira e actividades complementarias. Alongaremos a feira dende o Cruceiro da Saúde até chegar a Banda ao Río pola rúa Manzanares até a Praza de Teruel. O concelleiro quixo deixar ven claro que “se vai priorizar a visibilidade do comercio local de forma que non se oculte ningún escaparate do comercio local”.

Un dos requisitos obrigados para a empresa adxudicataria é o de decorar as rúas onde se desenvolve a feira e algunhas do entorno máis próximo; insistindo na utilización de redes, apeiros de pesca e similares de temática vinculada ao sector pesqueiro, onde predominarán as cores branca, vermella e azul. 

Contarase con animación das rúas, obradoiros infantís e os espectáculos nocturnos, “xa que teremos un mínimo de 3 horas de obradoiros infantís o xoves –primeiro día– e un mínimo de 6 horas de de obradoiros cada un dos demais días –venres, sábado e domingo–, así como dous espectáculos nocturnos cada noite”, informou o concelleiro. 

O vindeiro xoves 14 las 18:00 horas se procederá á apertura oficial da feira “contaremos cun pregón inaugural con presencia das compañías da feira e representantes da Corporación ás 20:00 horas na Porta do Sol”. 
O concelleiro quixo recalcar que esta feira “contribúe, xunto con outras accións que desenvolvemos ao longo do ano, a dinamizar e animar turísticamente o noso municipio e tamén serve para dar un impulso económico local ao crear sinerxías co tecido comercial e hostaleiro da nosa cidade, sendo pois unha 

oportunidade de negocio ao atraer a un bo número de persoas até Ribeira que tamén van consumir e mercar nos negocios da nosa cidade”. 

Haberá un Concurso de Decoración de Establecementos, nel poderán participar tódolos negocios da cidade sen necesidade de inscribirse, polo que dende o Concello se anima ao tecido empresarial local a decorar os seus establecementos con temática mariñeira coincidindo coa feira, do 14 ao 17 de agosto. Os negocios mellor valorados elixiranse por votación popular, acudindo á oficina de turismo do Malecón e cubrindo unha papeleta cos seus datos. 
Os tres establecementos do comercio local mellor valorados recibirán un agasallo e tamén entre tódalas persoas que participen na votación; entrarán nun sorteo de agasallos sorpresa .Poderase votar presencialmente na oficina de turismo do Malecón en horario continuo de 10:00 horas a 20:00 horas de luns a venres e de 10:00 horas a 18:00 horas o sábado mailo domingo.

Ademais a empresa organizadora deberá reservar un mínimo de metros do percorrido para postos de artesáns ou empresas con domicilio fiscal no Concello de Ribeira, aos que se lle aplicará unha bonificación do 50% sobre o prezo xeral pola instalación do posto. Polo que Suárez-Puerta animou a aquelas empresas ou artesáns interesados a contactar coa empresa nestes días previos “para participar, facilitaremos o contacto nas concellerías de Turismo e Festexos (Oficina de Turismo ou Centro Cultural Lustres Rivas)”. 

Tamén resaltou a importancia da participación das empresas locais, “e tamén é importante a participación da veciñanza, por iso dende aquí animamos á cidadanía a implicarse na celebración e gozo desta feira, e que acudan con vestimenta relacionada co mundo mariñeiro e da pesca”. 

Colaboración da veciñanza

Colomer para rematar salientou que nos días previos da presente semana comezará a instalación da decoración e dos postos “para que nos dea tempo a ter todo listo polo que agradecemos a colaboración veciñal neste senso. Insistir dende aquí en que no tramo polo que discorra a feira garantirase o paso dos veciños os garaxes, vivendas, e en todo caso tamén aos vehículos de emerxencias. Tamén se reforzará o servizo de recollida de lixo e limpeza nas zonas da feira”. 

Finalizou animando á veciñanza e visitantes a participar “nesta xa clásica feira do calendario estival de Ribeira”.