Buscador

Preto dunha tonelada de polbo para degustar en Palmeira os días 23 e 24 de agosto
Whatsapp: Preto dunha tonelada de polbo para degustar en Palmeira os días 23 e 24 de agosto

Ribeira, 20 de agosto de 2025 — Hoxe tivo lugar a presentación da undécima edición da Festa do Polbo de Palmeira, asistiron ao acto, o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, o tenente de alcalde, Vicente Mariño xunto á concelleira delegada de Servizos Municipais, Tania Redondo.

Rematando o mes de agosto, na fin de semana do 23 e 24; é en Palmeira onde se celebra unha cita gastronómica das máis esperadas do verán na comarca, a “Festa do Polbo de Palmeira”. Este ano celebrase a súa XI edición, un evento máis que consolidado ao que acoden miles de persoas ao longo dos dous días de celebración.

O concelleiro de turismo informou que o sábado 23 e o domingo 24 de agosto haberá instalada unha gran carpa na zona portuaria de Palmeira e alí poderase desgustar a prezos populares arredor dunha tonelada deste cefalópodo xunto con outras viandas como mexillóns, empanadas, churrasco, entre outros.

Non faltarán o sábado 23 a charanga Os Atrevidos e o domingo 24 o grupo de música tradicional Arume coas súas gaitas e ataviados co traxe típico galego ademais de sesións vermú e concertos polas tarde-noite executados por grupos locais. Suárez-Puerta resaltou que nesta edición “imos levar as actuacións máis cara a hora da cea”.

A programación sábado 23 contará coa Charanga Os Atrevidos para comezar a amenizar a festa, posteriormente sobre as 12:30 horas comezará o pregón que como ven sendo habitual este ano dende a concellería, “vai a ser unha sorpresa ata o venres pola tarde, o intre no que será anunciado nas redes sociais do Concello. Despois do pregón comezará á Sesión Vermú co grupo Open Drink e xa pola tarde-noite teremos o concerto de Chiña que dará comezo ás 20:30 horas a rematará ás 22:30 h.

O domingo 24 comezará co actuación do grupo tradicional, Arume para despois chegar á Sesión Vermú co grupo  Drippers de 13:00 a 14:30 horas, despois no  concerto da noite actuará o grupo SoundSets  de 20:30 a 22:30 h.


O tenente de alcalde animou aos veciños e veciñas e a todos os visitantes a que se acheguen a Palmeira para degustar o cefalópodo; “e en particular aos visitantes que non coñezan Palmeira porque é un a vila digna de visitar, de percorrer as súas rúas e locais hostaleiros”. 

Pola súa banda a concelleira de Servizos Municipais, sinalou que os servizos de limpeza se reforzarán durante festa para garantir a limpeza e salubridade da mesma.