Ribeira, 29 de agosto de 2025. — No día de hoxe compareceron o tenente de alcalde, Vicente Mariño xunto á coordinadora dos Servizos Sociais do concello, Francisca Vidal, para presentar os novos obradoiros gratuítos para o curso 2025/26 que vanse a impartir en tódalas parroquias de Ribeira no marco do Programa de Dinamización e Promoción Social para Persoas Maiores da concellería.
Mariño comezou informando que a preinscrición xa comeza o vindeiro luns 1 de setembro e indicou que o que se busca con este programa de dinamización “é promover o envellecemento activo e intentar paliar dentro do posible o illamento social que os nosos maiores poidan ter, e así incentivalos a relacionarse con outros veciños e veciñas facendo unha serie actividades físicas, cognitivas e artísticas para así mellorar a súa calidade de vida”.
Os obradoiros comezarán o 1 de outubro e finalizarán a mediados de xuño de 2026, o concelleiro de Servizos Sociais informou que “nesta edición auméntase o número de días nos obradoiros”, Mariño tamén valorou o custo dos obradoiros, “a realización destes obradoiros ascenden a uns 40.000 euros e en conxunto das actividades que realizamos para maiores durante todo ano suma preto de 110.000 euros do cal procuramos ir aumentando cada ano”.
· Aula sociocultural para maiores (memoria) en tódalas parroquias.
· Enriquecemento educativo (reforzo) en Aguiño e Ribeira.
· Lingua e cultura galega (Servizo de Normalización) en Ribeira
· Conversa en inglés A2 B1, nesta edición se aumentará 15 minutos e se impartirá en Ribeira
· Artes plásticas en Ribeira e Aguiño
· Taek-Health en Ribeira e Aguiño
· Ximnasia adaptada en tódalas parroquias do Concello
A maioría dos obradoiros serán impartidos por persoal do concello e tamén se disporá de dúas psicólogas.
Vicente animou aos veciños de tódalas parroquias a anotarse aos obradoiros e significou que “ano a ano se va aumentando o número de de usuarios, chegando o ano pasado a máis de 450 persoas”.
A coordinadora dos Servizos Sociais recalcou que estes cursos "van dirixidos a persoas maiores de 60 anos que estean empadroados en Ribeira e que sexan pensionistas de xubilación ou pensionistas por outros conceptos".
A preinscrición está xa colgada na web do concello, os interesados deben acudir ás dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios.
Praza 8 de Marzo s/n.
Edificio Mirador de Padín
15960 · Ribeira
servizossociais@ribeira.gal