Buscador

V edición da Ruada do Traxe
Whatsapp: V edición da Ruada do Traxe

Na presentación estiveron presentes, Antía Alberte, concelleira de Cultura e Puri Cores, presidenta de Amas de Casa e Aires de Dorna, organizadores do evento; acompañados de Herminia Pouso, concelleira de Facenda e Fernando Abraldes, concelleiro do Mar xunto a Francisco Suarez-Puerta, concelleiro de Festexos.

Antía Alberte Maneiro, concelleira de Cultura, comezou agradecendo á asociación Amas de Casa a organización deste evento dende fai cinco anos, así como a súa participación e apoio co concello sempre que se lle solicita, indicando que existe unha sintonía de colaboración mútua da que se sinte orgullosa.

Tamén destacou os seguintes datos:
-    É a quinta edición da Ruada do Traxe Aires de Dorna
-    Será o sábado 13 de setembro de 2025
-    A saída será ás 18:30h da rúa de Galicia, a altura da carpa municipal 
-    A continuación comezará un percorrido polas rúas da cidade que rematará no auditorio municipal onde no interior terá lugar o Desfile do Traxe

Percorrido: 
Rúa de Galicia dirección á rotonda de Amas de Casa 
Paseo do Malecón ata rúa Romero Ortiz 
Romero Ortiz ata rúa Galicia
Rúa Galicia ata cruce con Rosalía de Castro
Rosalía de Castro ata praza do Concello
Rúa Alcalde Fernández Bermúdez ata Avda da Consititución 
Avda da Constitución ata novo auditorio

-    Nos exteriores do auditorio municipal, dende as 17.00h (aprox), haberá tamén un mercadiño de artesanía con 9 postos participantes entre os que se atopan Ambar e Amicos ademáis de artesáns e artistas ribeirenses e da contorna. Si chove instalarase no vestíbulo do auditorio. Estarán ata rematar o evento.

-    O acto no auditorio estará presentado/conducido por Javier Sánchez, coñecido artísticamente como MEIGA-i. O evento consistirá nun desfile de distintos traxes tradicionais  que se combinará con actuacións de música galega de distintas agrupacións participantes de toda a Barbanza.

-    A entrada ao auditorio será gratuíta ata completar o aforo, tendo en conta que se abrirán as portas unha vez remate o pasarrúas pola cidade e os participantes cheguen ás instalacións. 

Puri Cores, presidenta da asociación de Amas de Casa e Aires de Dorna deu as grazas ao Concello de Ribeira e en especial á concellería de Cultura, tamén ás directivas de Amas de Casa e aos participantes, así como a GADIS e Servizos Sociais polo apoio.
Comentou que serán en principio 10 os grupos participantes, de toda a Barbanza, pero que no último momento pode sumarse algún máis xa que convidaron a medio cento pero debido á coincidencia de varias festas a maioría non poden asistir. 
Tamén sinalou que levan prestados 60 traxes galegos e dispoñen de outros 20 para deixar aos interesados en participar desta Ruada, que para facelo de xeito gratuíto teñen que poñer en contacto coa asociación.
Finalizou decindo que haberá un sorteo de agasallos ao rematar o desfile e entregarase unha figurilla institucional a cada grupo tradicional participante así como unha bolsa conmemorativa con avituallamento para cada persoa que participe vestido de traxe galego durante o pasarrúas.

Herminia Pouso, concelleira de Facenda, disculpou a presenza do concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, que tamén colabora coa actividade e agradeceu a Amas de Casa a iniciativa deste evento animándoas a continuar por esta liña de estreita colaboración co concello. Destacou tamén a instalación do mercadiño artesá pero con ese compoñente solidario a través dos postos de Amicos e Ambar, entidades que prestan unha grande labor no só en Ribeira senón en toda a contorna.