Buscador

Entrega dos galardóns do concurso de decoración Artemar 2025
Whatsapp: Entrega dos galardóns do concurso de decoración Artemar 2025

Ribeira, 9 de agosto 2025 —. Na mañá de hoxe o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta estivo percorrendo a rúa de Galicia para proceder á entrega dos galardóns do concurso de decoración Artemar 2025.

Foron premiados os tres establecementos máis votados xunto a un votante seleccionado nun sorteo de entre tódalas papeletas cubertas e depositadas nunha urna na oficina de turismo. Os tres establecementos gañadores están localizados na rúa de Galicia por onde discorreu a feira; é foron: Papalarpadas, Fruterías Fresas e o Bazar de Oujo. En medio centenar de votantes a persoa agraciada no sorteo foi para Encarna Baleirón que non puído asistir ao acto de entrega de galardóns.

Colomer se trasladou até a rúa de Galicia onde comezou coa entrega de galardóns aos gañadores do concurso; comezou pola tenda de larpeiradas, Papalarpadas onde fixo a entrega dunha figura de porcelana abstracta á responsable da tenda, María José Crujeiras que a recibiu con moita alegría e gratitude, despois o concelleiro se trasladou ao clásico Bazar de Oujo onde Suárez-Puerta entregou ao responsable do bazar, Álvaro Martínez, a figura de porcelana; Martínez manifestou que intenta participar en todo o que pode e que intenta innovar ano ano neste establecemento ribeirense que leva aberto dende 1942. A uns metros do bazar nos atopamos con Rosa Bello responsable da Fruterías Fresas que tamén recibiu o seu agasallo como gañadora do concurso de decoración Artemar 2025.

Para rematar Suárez-Puerta quixo facer unha valoración da feira de este ano non sen antes felicitar aos locais galardoados na votación popular e tamén “pola súa implicación no Artemar”. O concelleiro valorou a feira, “pareceunos un auténtico éxito este ano, tivemos unha nova marca de visitantes e os postos cada vez van aumentando con esta nova disposición que ten como obxectivo non ocultar ningún escaparate do comercio local para que xuntos fagan sinerxías por un fin común”.