Buscador

O Festival Internacional Amador de Galicia comeza a súa andaina en Ribeira cunha variada programación de clásicos
Whatsapp: O Festival Internacional Amador de Galicia comeza a súa andaina en Ribeira cunha variada programación de clásicos

· A programación teatral se desenvolverá entre o 27 de setembro e o 16 de novembro

· O festival achegará unha revisión crítica dos clásicos con diversas compañías no auditorio municipal

Ribeira, 23 de setembro de 2025. —  No día de hoxe presentouse FITAGAL 2025, que se trata dun novo certame que aposta pola diversidade de estilos, a revisión crítica dos clásicos e a promoción de compañías galegas e internacionais de teatro afeccionado.

Á presentación acudiron, Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Antía Alberte, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira xunto a David Vázquez e Javier Fernández de FETEAGAL (Federación de Teatro Afeccionado de Galicia)

A concelleira de cultura informou que dende a Deputación xunto coa Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, propuxeron incluír esta mostra internacional en Ribeira; “da cal damos as grazas dende a concellería e a benvida, agardando gozar dos membros das diferentes compañías de teatro”. Antía indicou que tódolos fins de semana dende o vindeiro sábado 27 de setembro até o domingo 16 de novembro se representarán as obras que van a ser de balde até completar aforo. O horario das representacións serán ás 20.00 horas e as portas estarán abertas media hora antes para coller a entrada.

Natividade González definiu a Ribeira coma “un epicentro cultural de moitísimos espectáculos que se fan ao longo do ano”. A deputada salientou a importancia de participar xunto coa Federación en proxectos tan interesantes e singulares coma este; “onde imos a ter unha gran variedade de compañías de diferentes lugares neste Festival Internacional de Teatro”.

González puxo en valor o teatro amador, “porque é esa outra cultura da que formamos parte, da que queremos ser e da que somos“. Para rematar convidou a todo o mundo para que se acheguen “a este gran auditorio de Ribeira”.

Javier Fernández, vicepresidente de Feteagal, sinalou que grazas ao apoio da Deputación da Coruña, o FITAGAL poderá ampliar a súa programación e garantir a participación de grupos galegos, nacionais e internacionais, “este ano, o festival renova o seu nome e busca consolidarse como un referente do teatro amador en Galicia”. FITAGAL ten como obxectivo principal dar visibilidade ao teatro amador galego, promovendo espectáculos de diversa temática e ofrecendo ao público unha programación renovada cada ano. A cuarta edición do festival contará coa participación de:

Fernández defendeu que tamén se presenta “como unha ferramenta clave para a promoción da lingua galega, fomentando o seu uso nas artes escénicas e favorecendo o diálogo cultural con outras comunidades e países”

 

Programación:

27 de setembro – Denigrantes Comediantes (Nigrán)  Obra: "Amareite ata que te odie" Triloxía de amores improbables en clave de traxicomedia aceda. Duración: 60 minutos.

4 de outubro – EntreCajas Fusión Teatro (Santander) Obra: "Soños do Mar Negro" Dúas pezas curtas de Antón Chéjov que abordan a igualdade feminina a través da ironía e o humor. Duración: 75 minutos.

5 de outubro – Noite Bohemia (A Coruña) Obra: "A Casa de Bernarda Alba" O clásico lorquiano atemporal, cunha posta en escena intensa e respectuosa coa obra orixinal.

12 de outubro – Cardume Teatro (A Coruña) Obra: "As Galas do Defunto" Adaptación esperpéntica baseada na obra de Valle-Inclán, con elementos de Luces de Bohemia e Os cornos de don Friolera. Unha proposta irreverente e crítica.

16 de novembro – Thiassos Teatro (Universidade de Coimbra, Portugal) Obra: "Helena" de Eurípides Revisión do mito de Helena, que ofrece unha historia paralela á que provocou a guerra de Troia. Duración: 75 minutos.

Acto de clausura: o día 16 de novembro, tras a representación da obra Helena, realizaremos un acto de clausura no que queremos invitar ás autoridades locais e provinciais e entregar pequenos recoñecementos ás compañías participantes, como mostra de agradecemento pola súa colaboración e compromiso co festival. Será un momento simbólico e cordial para pechar esta edición con dignidade e espírito de celebración.”