Ribeira, 24 de setembro de 2025 — Hoxe pola mañá presentouse a programación de outono do aula CeMIT de Ribeira, coa presenza do concelleiro de Novas Tecnoloxía, Francisco Suárez-Puerta acompañado polo concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones.
O conselleiro de Novas Tecnoloxías indicou que estes cursos están programados para o meses de outubro e novembro, divididos en dous niveis; o mes de outubro constará dunha serie de actividades de iniciación e de informática básica e o mes de novembro “xa imos traballar nun nivel intermedio moi demandado polos usuarios que aspiran a ir subindo o nivel dos contidos pouca a pouco”.
Cursos aula CeMIT – Outubro 2025
Do 1 ao 24 de Outubro – Luns, Mércores e Venres – De 09:30 a 11:00 h.: Curso preparatorio do COMDIX nivel Iniciación (15 horas) – Curso orientado para preparar aquelas persoas que queiran facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Iniciación, que terá lugar na Aula CeMIT os días 29 e 30 de Outubro.
O curso divídese nos 6 bloques temáticos que integran a proba COMDIX iniciación:
1. Coñece o entorno dixital – Manexo e comprensión básica do entorno dixital.
2. Ten a información sempre a man – Organización e xestión eficiente da información dixital.
3. Tecnoloxías dixitais – Uso das ferramentas, dispositivos, sofware básico... no noso día a día.
4. Participa na sociedade dixital – Interacción e colaboración en entornos dixitais (redes, medios online, participación cidadá)
5. Crea contido dixital – Creación de contidos dixitais, ferramentas creativas, produción de materiais dixitais.
6. Atopa o benestar dixital – Seguridade, privacidade, equilibrio no uso dixital, ciberseguridade, bo uso da tecnoloxía. Neste punto Suárez-Puerta
significou que no tema da ciberseguridade cada vez estamos facendo maior fincapé xa que a policía nacional nos transmite polas propias estadísticas “que son unhas serie de delitos en constante ascenso por iso é importante formar aos nosos veciños/as para que pouca a pouco vexamos reducidas esas taxas”
Do 1 ao 24 de Outubro – Luns, Mércores e Venres – De 11:30 a 13:00 h.: Curso de Informática Básica (15 horas) – Curso de iniación a LibreOffice, Internet básico, creación e uso do correo electrónico... orientado para persoas que non estén familiarizadas co uso do ordenador, de nivel moi básico:
• Aprender a diferenciar e a usar as diferentes partes ou compoñentes do ordenador.
• Aprender a utilizar as distintas aplicacións e programas instalados (sobre todo LibreOffice:
writer, calc, impress).
• Aprender a navegar pola red de forma segura, manexo do buscador Google, correo
electrónico e Drive.
Do Martes 21 ao Xoves 23, de 10:00 a 12:30 h. – Obradoiro “A Miña Banca Dixital: fácil e segura”.
É un curso promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), quen solicitou a colaboración dos responsables das Aulas CeMIT que quixeran participar, “para formalos no curso e ter as ferramentas necesarias para poder impartilo cada un na súa Aula”, apuntou Colomer.
Neste curso aprenderase a:
• Recoñecer as vantaxes que ofrece a banca pola Internet.
• Identificar un sitio seguro para realizar as transaccións económicas oportunas.
• Coñecer, localizar e pór en práctica os principais servizos que ofrecen as entidades bancarias a través da Internet.
• Prácticas con simuladores web, app e caixeiros automáticos.
O curso consta de 3 bloques formativos, de 2 horas e media cada un:
Seguridade: temas relacionados con ciberseguridade, novas falsas, timos, fishing etc.
Práctico banco online: uso da banca no móbil e no ordenador, pagos etc.
Práctico caixeiros: uso do caixeiro automático a través de simuladores.
Luns, 27 de Outubro, de 12:00 a 13:00 h. - “Aprende a descargar APPs en tódolos teus dispositivos”.
Taller impartido pola Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS), orientado para persoas maiores de 55 anos, coa finalidade de aprender a buscar, atopar, descargar e instalar de maneira correcta as APPs que queiran, en calqueira dos seus dispositivos.
Mércores 29 de Outubro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais
(COMDIX) nivel Iniciación:
Hai 2 quendas:
• De 10:00 a 12:00 h.
• De 12:00 a 14:00 h.
Xoves 30 de Outubro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais (COMDIX)
nivel Iniciación:
Hai 2 quendas:
• De 10:00 a 12:00 h.
• De 12:00 a 14:00 h
Cursos aula CeMIT – Novembro 2025
Do 3 ao 24 de Novembro – Luns, Mércores e Venres – De 09:30 a 11:00 h.: Curso preparatorio do COMDIX nivel Intermedio (15 horas) – Curso orientado para preparar a aquelas persoas que queiran facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Intermedio, que terá lugar na Aula CeMIT os días 26 e 27 de Novembro.
O curso divídese nos 5 bloques temáticos que integran a proba COMDIX intermedio:
1. Información e datos: Navegar, atopar, filtrar, evaluar, verificar e manexar a información, datos e contidos dixitais.
2. Comunicación e colaboración: Uso de ferramentas de comunicación dixitais, identidade dixital (mensaxería, videoconferencias, redes sociais, conectarse coa Administración Pública, protexer a identidade dixital, Netiqueta...)
3. Creación de contido dixital: Crear e editar contidos dixitais multimediais, integración de medios, uso de licencias, distintos usos dos distintos formatos (traballos con texto, imaxes, blogs, licencias – Creative Commons, dereitos de autor – ferramentas de edición...)
4. Seguridade e privacidade: Proteción de datos persoais, de dispositivos, privacidade en internet, riesgos dixitais (contrasinais, autenticacións...)
5. Entorno dixital e resolución de problemas: Resolución de problemas dixitais, adaptación ao cambio tecnolóxico, uso eficaz de ferramentas no entorno dixital xeral (solucionar problemas de conectividade, problemas comúns do software e do hardware...)
Do 3 ao 24 de Novembro – Luns, Mércores e Venres – De 11:30 a 13:00 h.: Curso de Informática nivel Medio/Avanzado (15 horas) – Curso de perfeccionamento en LibreOffice, uso avanzado de Internet e Correo electrónico, Intelixencia Artificial... orientado só para persoas que xa teñan unha base moi sólida e un nivel medio/avanzado.
LibreOffice:
• Writer: estilos, índices automáticos, referencias cruzadas, combinación de correspondencia.
• Calc: funcións avanzadas, táboas dinámicas, gráficos e análise de datos.
• Impress: deseño con modelos, integración de imaxes, vídeo e audio, presentacións dinámicas.
Internet: Procuras eficientes con operadores en Google, uso de marcadores, historial e extensións do navegador, seguridade na navegación: control de cookies, privacidade e navegación anónima, ferramentas de colaboración na nube (Google Drive, OneDrive)...
Correo electrónico avanzado: Configuración e uso de clientes de correo (ex. Thunderbird, Outlook), filtros, etiquetas e regras automáticas, xestión avanzada de contactos e listas de distribución, uso de sinatura dixital e cifrado básico de mensaxes.
Intelixencia Artificial aplicada: Conceptos básicos de IA e o seu uso cotián, ferramentas de IA para ofimática (resumos, redacción, análise de datos), xeración de imaxes e presentacións con IA, precaucións éticas e de seguridade no uso da IA.
Mércores 26 de Novembro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Intermedio:
Hai 2 quendas:
• De 10:00 a 12:00 h.
• De 12:00 a 14:00 h.
Xoves 27 de Novembro – Probas para acadar a certificación de Competencias Dixitais (COMDIX) nivel Intermedio:
Hai 2 quendas:
• De 10:00 a 12:00 h.
• De 12:00 a 14:00 h
Suárez-Puerta apelou á política de ir subindo de nivel pouco a pouco “aprender a utilizar follas de cálculo e procesadores de texto no ano 2025 xa non nos parece que sexa unha cousa primordial senón que temos que pensar en que a xente acade as capacidades suficientes para poder empregar con soltura tanto terminais móbiles ou a día de hoxe como é unha tecnoloxía disruptiva somos as IAS para que a xente aprenda a empregalas de forma segura nunha práctica habitual”.
Pola súa banda o concelleiro de Sanidade salientou que as condutas aditivas agora; non só son as derivadas do consumo de sustancias senón que “agora comezamos a ter problemas moi serios derivados de as condutas aditivas sen o uso de sustancias; aplicacións móbiles, xogo online, pornografía, a ludopatía e outras que se están a ver cada vez máis”. O concelleiro sinalou que dende a UCA xa se están atendendo este tipo de adicións dixitais, “son temas que están ocultos até que estalan na contorna familiar pero iso todo o que sexa traballar en prevención e formación é vital para estes casos”.
Inscricións:
Teléfono: 981 87 60 43
Correo: cemit.ribeira@xunta.gal
Web: https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribeira