
O Concello de Ribeira procedeu nestes días á reposición da marquesiña no paseo dos Mosqueiros, despois de que se retirase este elemento do mobiliario urbano por mor das obras de rexeneración do borde litoral nesta zona da parroquia de Castiñeiras.
A brigada municipal executou as melloras necesarias na estrutura para proceder coa súa colocación. A alcaldesa, María Sampedro, explica que "damos resposta a unha demanda veciñal que se estendía no tempo, pois as obras remataron no mes de febreiro. Durante este tempo, os veciños e veciñas careceron dunha marquesiña na que esperar ao autobús, resgardándose do sol ou da chuvia."
O seguinte paso consistirá na busca dunha nova localización para os contedores do lixo co obxectivo de habilitar na marxe da estrada unha zona máis ampla para que faga parada o transporte público.
