Buscador

O Concello de Ribeira saca a licitación a renovación do parque infantil da rúa Castelao
Whatsapp: O Concello de Ribeira saca a licitación a renovación do parque infantil da rúa Castelao

O actual estado do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, motiva que o Concello de Ribeira saque a licitación a renovación deste espazo de ocio infantil, creando unha área que dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia.

As obras consistirán na retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis ampla, na que se colocará un equipo combinado con capacidade para uns 36 nenos e nenas (dotado de tobogán, plataformas e zonas de rube), unha randeeira dobre, dous peiraos con figuras de animais e un balancín tipo carrusel. A maiores, dotarase de pavimento de caucho continuo e manterase o valado perimetral actual ao ser colocado recentemente. Os traballos terán un prazo de execución de tres meses.

O orzamento de licitación é de 103.253,52 euros, IVE incluído, con cargo ao POS+2025. As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 9 de decembro.