
A Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI, representa un avance fundamental na protección e promoción dos dereitos da infancia e adolescencia.
Esta norma establece que a prevención e detección temperá da violencia son responsabilidades compartidas por todos os ámbitos que interveñen na vida das crianzas —educativo, social, sanitario, deportivo, cultural e de seguridade—, promovendo unha cultura de botrato (escrito todo xunto como nos ensina Fina Sanz no seu libro El buentrato como proyecto de vida, 2016), respecto e participación infantil.
As “II Xornadas Interprofesionais para o Botrato á Infancia e adolescencia no marco da LOPIVI. Concello de Ribeira” que van a ter lugar os días 11 e 12 de decembro son un compromiso firme dos Servizos Sociais Comunitarios en pro dos dereitos da infancia e adolescencia, reunindo a profesionais da comarca que traballan con menores de forma directa. Dando prioridade na adxudicación de prazas a aquelas que exerzan a súa actividade no noso concello.
A capacitación para a creación de contornas educativas e sociais seguras, respectuosas e afectivas será o eixo principal de todas as ponencias que se van a levar a cabo, en horario de mañá, na sala polivalente do Auditorio Municipal de Ribeira.
Este ano contaremos coa participación de Brújula+, ASEIA, Educo e Feitoría Verde, e para os aperitivos co catering de Baiuca.
LUGAR: Novo Auditorio Municipal de Ribeira. Avda. da Constitución.
DATAS: 11 e 12 de decembro.
HORARIO: Xoves 11 (9.00h a 13.30h) / Venres 12 (9.30h a 14.00h)*
*As persoas que asistan a todas as ponencias recibirán un certificado de participación, de 9h de formación.
PRAZAS DISPOÑIBLES: 70
PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais que traballen directamente coa infancia*: Ámbito sanitario, educativo, social, xudicial, ocio e deportes, forzas e corpos de seguridade.
*A adxudicación de prazas realizarase por rigurosa orde de inscripción, dando preferencia ás profesionais en activo que se inscriban os dous días e que traballen no ámbito municipal de Ribeira.
INSCRICIÓNS: Para inscribirte tes que cubrir o seguinte formulario web*
https://forms.gle/oTa2uwpG8hMLdJpJA
*Para asegurarte de que recibimos o formulario, fíxate se aparece a seguinte mensaxe despois de darlle a enviar: “Inscribícheste correctamente nas xornadas. Próximamente recibirás un email confirmándote a dispoñibilidade de praza.”
PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 9 de decembro de 2025 ás 23.55h
+INFO: educadora@ribeira.gal
PROGRAMA
XOVES 11 DECEMBRO 2025
8.45h: Acollida de participantes e entrega de materiais.
9.00h: Inauguración das Xornadas.
9.15h: Presentación do proxecto Mesa da Infancia e Adolescencia de Ribeira. Iria Alén (educadora social do SEAF e coordinadora do proxecto).
9.30h: LOPIVI. Indicadores de violencia e notificación de casos. Laura Álvarez. Educo.
11.30h: Almorzo bufé.
12.00h: Prevención do acoso escolar e detección precoz. América Gamote. Brújula+.
13.30: Peche da primeira xornada.
VENRES 12 DECEMBRO 2025
9.30h : Violencia, adolescencia e vínculo. Ricardo Fandiño. ASEIA Galicia.
11.30h: Almorzo bufé.
12.00h: Os Foros de participación infantil e adolescente. Participar dende o Botrato. Aida Raíndo Vázquez. Feitoría Verde.
14.00h: Clausura das Xornadas.
Participar é importante para…
- Consolidar o traballo que levamos feito na Mesa de Infancia e Adolescencia de Ribeira, creada a raíz das I Xornadas Interprofesionais para o Botrato á Infancia no marco da LOPIVI. Concello de Ribeira, do ano 2024.
- Seguir mellorando as competencias profesionais para a aplicación da LOPIVI e para a implementación das novas figuras que introduce esta Lei:
- Coordinadora de Benestar nos centros educativos.
- Delegada de Protección nas Entidades de deportivas e de ocio e tempo libre.
- Sensibilizar, asesorar e dotar de ferramentas profesionais para a prevención, intervención e detección precoz de toda forma de violencia contra a infancia e adolescencia.
- Continuar tecendo rede a través de mecanismos de cooperación interinstitucional para mellorar a coordinación dos axentes locais implicados coa infancia e adolescencia.
- Favorecer un espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe para a xeración de contornas comunitarias protectoras para a infancia e adolescencia.
- Potenciar a participación das nenas, nenos e adolescentes.
A responsabilidade é a virtude de responder e comprometernos
coas nenas, nenos e adolescentes da nosa comunidade.