Buscador

O Concello de Ribeira acenderá o Nadal na zona comercial con motivo do Black Friday
Whatsapp: O Concello de Ribeira acenderá o Nadal na zona comercial con motivo do Black Friday

O Concello de Ribeira acenderá a iluminación de Nadal na zona comercial e inaugurará o seu belén municipal coincidindo coa celebración do Black Friday no comercio local. E, nas vindeiras datas, farase extensible ao resto do municipio. Será ás 19.00 horas, na praza do Concello, onde será a rapazada a que terá a honra de premer o botón que iluminará as noites do Nadal, ademais de abrir o nacemento, nun acto no que participarán a alcaldesa, María Sampedro, e demais membros da Corporación municipal.

Para quecer o corpo nesa xornada, repartirase chocolate con churros entre as persoas asistentes ata esgotar as existencias.

Animación de rúa

Tampouco faltará a animación de rúa co espectáculo itinerante A luz do Camiño, de Troula Animación, a partir das 18.30 horas, que desfilarán dende a residencia de maiores ata a praza do Concello con zancudos, patinadoras e tambores. O ambiente festivo polas rúas da cidade seguirá coa charanga BB+ que estará polo centro urbano ata as 21.00 horas.