Buscador

Adíase a celebración do 'Nadal nas parroquias' en Castiñeiras
Whatsapp: Adíase a celebración do 'Nadal nas parroquias' en Castiñeiras

O Concello de Ribeira informa do cambio na data de celebración do Nadal nas parroquias para Castiñeiras, na casa da cultura e no adro a igrexa, polo pasamento do seu párroco, don Ricardo Villaverde, quen está sendo velado na igrexa parroquial hoxe e mañá.

Deste xeito, a proposta que estaba programada para este martes, 23 de decembro, trasládase ao domingo, 4 de xaneiro de 2026, de 17.00 a 20.00 horas, no mesmo lugar. Haberá obradoiros, inchables, visita do Carteiro Real e sesión disco.

Con motivo deste cambio, a Concellería de Cultura montará os inchables no exterior do centro social de Corrubedo no día de mañá, de 17.00 a 19.00 horas, coincidindo cunha actividade de Nadal que alí se desenvolve por parte do tecido asociativo.