Buscador

A Xunta e o Concello de Ribeira avanzan no proxecto da construción da residencia de maiores nunha parcela de titularidade municipal
Whatsapp: A Xunta e o Concello de Ribeira avanzan no proxecto da construción da residencia de maiores nunha parcela de titularidade municipal

A conselleira de Política Social e Igualdade reuniuse coa alcaldesa de Ribeira

A Xunta e o Concello de Ribeira avanzan no proxecto da construción da residencia de maiores nunha parcela de titularidade municipal

Fabiola García comprometeuse a visitar os terreos proximamente para avaliar a localización e a súa idoneidade

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da secretaria xeral técnica da Consellería, María Francisca Gómez, reuniuse coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para abordar cuestións relativas ao proxecto de construción da residencia pública de maiores.

A alcaldesa trasladou á conselleira a posibilidade de construír o centro residencial nunha parcela de titularidade municipal que o concello de Ribeira cedería á Xunta para a creación dunha residencia pública neste concello.

Pola súa parte, a conselleira comprometeuse a visitar proximamente estes terreos municipais para coñecer a localización e avaliar a idoneidade desta parcela para a creación do centro. Así mesmo, Fabiola García felicitou á rexedora o seu compromiso coa atención aos maiores do municipio e o impulso aos servizos sociais para a atención de todas as familias.