Buscador

O Concello de Ribeira adxudica a implantación da plataforma turística intelixente
Whatsapp: O Concello de Ribeira adxudica a implantación da plataforma turística intelixente

Outro paso máis no avance do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino do Concello de Ribeira chega coa adxudicación para a plataforma turística intelixente. A finalidade é a creación de ferramentas dixitais que melloren a información dos recursos turísticos, faciliten a planificación da viaxe, melloren a experiencia e xeren valor engadido ao destino. En consecuencia, os turistas e a cidadanía desfrutarán de información de interese dunha maneira innovadora mediante servizos personalizados e experiencias inmersiva.

As necesidades que se pretenden cubrir son: contar cunha plataforma amena e didáctica; favorecer e incentivar as visitas aos recursos, facilitando a súa interpretación didáctica e mellorando a difusión e coñecemento a través de contidos innovadores e gamificados; desestacionalizar, deslocalizar e diversificar a demanda turística para reforzar a sustentabilidade do destino; incrementar a estancia media do turista e a competitividade do destino; e facilitar a mellora continua dos procesos incluídos na cadea de valor turística mediante o uso da tecnoloxía.

O proxecto supón o deseño e subministro de software e licencias necesarias, así como a súa configuración para o correcto funcionamento de tódolos elementos da solución; a dixitalización dos recursos turísticos, incluíndo a súa documentación, a realización de material gráfico e audiovisual para a súa integración e carga na plataforma; a recompilación e integración na plataforma de información xa existente de outros recursos turísticos e hostaleiros, así como outra información de interese para a estancia do turista; a integración entre tódolos compoñentes e carga dos contidos; a xeración e entrega da documentación; formación; e soporte.

O orzamento de licitación situouse nos 200.000 euros, IVE incluído, se ben a empresa Techfriendly, S.L. resultou adxudicataria por contar coa mellor oferta das seis que concorreron ao proceso. O prezo final do servizo é de 181.500 euros, con impostos, e o prazo de execución será de dous meses dende a formalización do contrato. Ademais, o período de soporte será de 12 meses, cunha ampliación de 25 meses. Este servizo atópase fiananciado na súa totalidade con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).