
Uns 120 estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato de Ribeira coñeceron a importancia da investigación para o diagnóstico e posible curación das enfermidades, especialmente, daquelas consideradas raras. A xornada divulgativa desenvolveuse onte na sala polivalente do novo Auditorio municipal organizada por Art for Dent, coa colaboración das Concellerías de Educación e Deportes, como actividade complementaria da andaina Un raio de luz que terá lugar no 21 de marzo.
A concelleira de Educación, Nucha Brión, e o edil de Deportes, Álex Vidal, tamén se achegaron ata a instalación municipal cultural para escoitar aos investigadores Pablo Pedrosa, doutor en Bioloxía, e Marta Vecino, biomédica, que incidiron nos avances médicos e na importancia de poñer o foco tamén naquelas enfermidades que padecen un menor número da poboación.

A este respecto, a concelleira Nucha Brión fixo fincapé en que esta proposta "pon o coñecemento científico ao servizo directo da cidadanía, neste caso, orientado á mocidade." Agradeceu tamén a iniciativa de Art for Dent para achegar información sobre as enfermidades raras e involucrar á comunidade educativa.
