Buscador

O Concello de Ribeira adxudica a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso
Whatsapp: O Concello de Ribeira adxudica a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso

O Concello de Ribeira avanza no seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sacando coa adxudicación da remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso.

A finalidade desta intervención é articular a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais, incrementar a permeabilidade cara o mar, así como acadar unha maior e mellor integración ambiental e paisaxística.

Construirase, polo tanto, unha rampla accesible para a praia, crearase unha nova zona deportiva (formada por unha pista e unha área de calistenia), substituiranse as varandas actuais por bancos continuos de pedra que permitan unha maior integración co entorno e a formación de novas zonas verdes.

O orzamento de licitación situouse nos 170.190,90 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation. A empresa Transmaser Excavaciones, S.L. resultou a adxudicataria das cinco que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un importe de 155.791,90 euros, con impostos. O prazo de execución das obras será de mes e medio unha vez formalizado o contrato.