
O Concello de Ribeira informa de que no mañá, martes, 21 de abril, comezan as obras de mellora do pavimento na rúa Miguel Rodríguez Bautista. Debido que se vai ter que pechar ao tráfico rodado, as obras executaranse en dúas fases para minimizar o impacto na circulación, comezando no tramo comprendido entre a praza do Centenario e o cruce que dá acceso a rúa Canarias. Inicialmente está previsto que o corte de circulación dure dous días en cada un dos tramos.
Durante a actuación, prohibirase a circulación de vehículos pesados como camións e autobuses en toda a vía, xa indicado dende a rotonda de Padín cara rúa Lepanto e na rotonda cara a rúa Alcalde Fernández Bermúdez.
Se ben existirán alternativas de circulación polo centro urbano para turismos, que se indicará mediante a correspondente sinalización vertical. Así mesmo, recoméndase, na medida do posible, o uso doutras rutas para evitar que se produzan retencións.
Os turismos que cheguen dende Alcalde Fernández Bermúdez terán que desviarse cara a praza do Concello ou avenida da Constitución. Tamén se permitirá, en todo momento, o acceso dende aquí ao aparcamento do Centenario e aos garaxes de Otero Pedrayo.