Buscador

O Concello de Ribeira crea o programa 'Matria' para formar unha rede de apoio dirixido ás mulleres
Whatsapp: O Concello de Ribeira crea o programa 'Matria' para formar unha rede de apoio dirixido ás mulleres

Un espazo de encontro, sororidade e apoio mutuo. Este é o programa Matria que impulsa o Concello de Ribeira para crear unha rede de apoio e fomentar a interacción social dirixido a mulleres, cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e a Unión Europea. Trátase dun punto de encontro seguro e autoxestionado que se estrutura na creación de comunidade; inclusión; prevención e protección; e crecemento.

Segundo explica o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, con este novo servizo "achegamos máis prestacións á cidadanía de Ribeira, desta vez, poñendo o foco nas mulleres cunha acción onde poden saír da rutina e situación de illamento para conectar con outras mulleres compartindo experiencias e onde teñen opción de facer propostas segundo a dinámica e intereses de cada un dos grupos que se forme."

Esta nova actividade de balde para as participantes entrou en funcionamento no 16 de abril e ten lugar tódolos xoves en horario de tarde, nas aulas de Cristóbal Colón.

As inscricións permanecen abertas a través do teléfono de contacto 981 377 231 ou no enderezo electrónico fernanda.cores@ribeira.gal.