
O quinto torneo de tenis en terra batida A Devesa contará coa participación duns 150 deportistas divididos nas categorías de veteranos, sub-18, dobres, masculina e feminina. Trátase dunha iniciativa que impulsa o Club de Tenis A Devesa coa colaboración do Concello de Ribeira e numerosos patrocinadores.
Dende esta mesma tarde e ata finais de xuño, cada fin de semana haberá encontros ata superar os 140 partidos. O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, destacou esta iniciativa por apostar polo tenis en terra batida coas particularidades que supón e que pon o foco nestas instalacións da parroquia de Olveira a nivel galego.
Tamén se pronunciaron Juan Fernández, Juan Franciso Fernández e Miguel Fernández -presidente, vicepresidente e vogal da entidade, respectivamente-, quen apuntaron o incremento da participación feminina nesta edición do torneo, así como a evolución do mesmo. "O único de terra batida en toda Galicia", como sinalou o vicepresidente. Quixeron salientar tamén a implicación de toda a organización, nos que incluír á secretaria, María López, e a dous dos seus vogais, Iván e Sergio.