
O Concello de Ribeira e as Unidades de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional imparten nos centros educativos do municipio unha serie de charlas para informar aos docentes na intervención na desprotección infantil; unha medida que forma parte da Mesa Local da Infancia e Adolescencia. Baixo o título Detección, intervención e notificación en situacións de violencia contra a infancia, a policía da UFAM e a educadora social dos Servizos Sociais informan ao persoal sobre os pasos a dar e as obrigas que recolle a Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte a violencia, coñecida como LOPIVI.

Xa se ofreceron estes coloquios ao Galaxia, Heroínas de Sálvora, Bayón, Sagrado Corazón de Jesús, Leliadoura, A Milagrosa e a Escola Infantil Municipal. A esta última tamén se desprazou na semana pasada a alcaldesa, María Sampedro, para coñecer máis polo miúdo sobre como actuar ante casos de desprotección infantil.

En vindeiras datas tamén se impartirá no Grupo, Amicos e IES N°1. Na próxima edición a realzar no curso académico, haberá a posibilidade de solicitar as charlas a tódolos centros educativos do municipio, independentemente de que formen parte da Comisión Educativa. Aqueles centros que desexen unirse ou solicitar máis información pode facelo a través do enderezo electrónico educadora@ribeira.gal.