
Co gallo do Día Internacional da Danza que se conmemora no 29 de abril, a Escola Municipal de Ballet de Ribeira organiza unha xornada de portas abertas no propio mércores, ás 17.00 horas, no Conservatorio Municipal ‘Enrique Paisal’. Corresponderase coa clase de danza clásica 1, á que asiste rapazada con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos.
O obxectivo é dar a coñecer a aula e a especialidade que se imparte na mesma para amosar a calidade do traballo do alumnado, o seu compromiso e a evolución, do mesmo, ademais de quen poida estar interesado en unirse ás clases.
"Aproveitamos esta data para abrir á cidadanía o traballo que desenvolven a nosa escola máis alá de espectáculos en si. Queremos que a xente teña ocasión de ver como é unha clase cotiá e como se prepara o alumnado para que despois poidamos desfrutar como público do seu talento, que ten moitas horas de perfeccionamento detrás. E, por suposto, para quen teña curiosidade sobre o ballet, que se anime incorporarse á aula", manifesta a concelleira de Educación, Nucha Brión.
Tamén se dispón do enderezo electrónico danza@ribeira.gal para solicitar información.