Buscador

O Concello de Ribeira homenaxea ás peixeiras polo Día da Muller no Mar 2026
Whatsapp: O Concello de Ribeira homenaxea ás peixeiras polo Día da Muller no Mar 2026

As peixeiras serán homenaxeadas polo Concello de Ribeira polo Día da Muller do Mar. En total, renderase tributo a 11 mulleres (10 que venden o peixe na praza de abastos e 1 que o fai de maneira ambulante).

O acto desenvolverase no luns, 18 de maio, ás 12.00 horas, no Museo municipal.

En anteriores anos, Ribeira dedicou este días ás redeiras e mariscadores, optando por centralo neste 2026 nas peixeiras "por ser as que nos achegan un produto fresco, de calidade e proximidade para levar ás nosas mesas coa importancia que ten o peixe na alimentación. Son elas quen nos venden os recursos pesqueiros que chegan ás nosas rulas para ofrecerlle á cidadanía o mellor", en palabras do concelleiro do Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes.

A este respecto tamén se pronuncia a alcaldesa, María Sampedro, quen destaca "o papel histórico das mulleres no sector do mar. No pasado, os homes saían a faenar e eran elas as que saían a vender a pesca do día. Actualmente, hai cada vez máis mulleres enroladas, se ben é certo que onde segue habendo maior presenza feminina é en terra: mariscando, reparando as redes, vendendo... Son elas quen nos achegan os manxares que capturan os nosos mariñeiros. Sempre recomendándonos o mellor. Elas son, en gran medida, o corazón que fai latexar ao noso mercado municipal."