Buscador

O Concello de Ribeira convoca un proceso selectivo para a contratación dun peón forestal
Whatsapp: O Concello de Ribeira convoca un proceso selectivo para a contratación dun peón forestal

O Concello de Ribeira aproba as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun peón forestal mediante concurso-oposición despois de que a Administración local resultase beneficiaria dunha subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil de Galicia a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro.

A contratación realizarase a xornada completa, que se prestará de luns a venres, en horario que se distribuirá segundo as necesidades e organización do servizo, por un período de nove meses.

Para tomar parte deste proceso, as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos, entre eles, ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (menor de 30 anos), ser desempregada e estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e estar inscrita como beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito de Galicia.

Unha vez o Servizo Público de Emprego remita a relación de persoas ao Concello, este porase en contacto para que presenten a documentación.

As bases completas están dispoñibles na sede electrónica municipal.