Buscador

A praza de Teruel acolle nesta fin de semana unha nova edición do festival Etal Equal
Whatsapp: A praza de Teruel acolle nesta fin de semana unha nova edición do festival Etal Equal

A cultura continúa en Ribeira durante esta fin de semana co festival Etal Equal que promove a súa entidade organizadora xunto ao Concello de Ribeira. A praza de Teruel converterase nun fervedoiro coas propostas musicais e obradoiros que trae esta nova edición no 5 e 6 de setembro, tal e como desvelaron a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; Alba Pego, presidenta da asociación Ribeira Crea; e Martiño Sampedro, tesoureiro da asociación.

"Chega setembro e a cultura segue tomando as nosas rúas con esta nova convocatoria de Etal Equal con interesantes propostas musicais e de artesanía que poñen o foco no talento local", destacou a edil.

No sábado, 5 de setembro, actuarán Helena Egea & Banda, ás 15.30 horas; Ilmarto e unha pranta, ás 18.00 horas; e Daydream Sessions + Jam Libre, ás 21.00 horas. Xa no domingo, 6 de setembro, será a quenda de Nan Illonia, ás 13.30 horas; Martin Human, ás 15.00 horas; e Micro Aberto no bar Cocoluche, ás 17.30 horas. Con relación a esta última cita, as inscricións formalizaranse na conta de Instagram @microabertococoluche.

Pero no domingo tamén se impartirán obradoiros gratuítos, de 11.30 a 13.00 horas. Néboa Creacións ensinará sobre o prensado de flores e composición en papel a un grupo máximo de 10 persoas, a partir de 5 anos de idade. E Tere Ramallo ofrecerá un taller de ceos de acuarela a un máximo de 9 persoas, tamén a partir de 5 anos. Requírese inscrición previa a través da conta de Instagram @ribeiracrea ou no enderezo electrónico ribeiracrea@gmail.com.