Buscador

O Concello de Ribeira entrega os premios do concurso de decoración da décimo novena edición de Artemar
Whatsapp: O Concello de Ribeira entrega os premios do concurso de decoración da décimo novena edición de Artemar

A décimo novena edición da feira Artemar uniu tradición mariñeira e artesanía do 13 ao 16 de agosto, con preto dun cento de postos polas principais rúas peonís da cidade e espectáculos para animar o ambiente. A maiores, para contribuír a que a temática mariñeira chegase a cada recuncho, o Concello de Ribeira puxo en marcha un Concurso de Decoración de Establecementos, onde os locais foron elixidos por votación popular.

En consecuencia, os negocios mellor valorados foron O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira, cuxos propietarios recibiron cadanseu agasallo da man da concelleira de Turismo, Ana Barreiro. Tamén se fixo un sorteo entre tódalas persoas que votaron, resultando agraciada Gloria Gómez Pazos.

A edil agradeceu a participación neste certame para "entre todos mergullar o centro da cidade nese mundo mariñeiro con predominio das redes ou apeiros de pesca, entre outros elementos."