Buscador

O mercado municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido
Whatsapp: O mercado municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nun das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia, tal e como sucede na dita praza de abastos, pola que pasan diariamente un gran número de persoas. Ademais, os praceiros e praceiras recibirán en vindeiras datas un curso para actualizar a súa formación sobre como actuar ante unha parada cardiorrespiratoria e como empregar dito desfibrilador.

O concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, indica que "continuamos traballando na mellora da praza de abastos cunha medida en materia de seguridade dada a afluencia de xente que esta rexistra. Os primeiros momentos son cruciais ante unha parada cardiorrespiratoria. Por iso, dende a Administración local queremos incrementar os espazos cardioprotexidos e, agora, este mercado xa pode dicir que o é."

O investimento foi de 2.601,50 euros, IVE incluído.