Buscador

A alcaldesa de Ribeira reúnese cun grupo de veciños de Deán Pequeno para avaliar a mellora do camiño da Agriña
Whatsapp: A alcaldesa de Ribeira reúnese cun grupo de veciños de Deán Pequeno para avaliar a mellora do camiño da Agriña

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reuniuse na mañá de onte cun grupo de veciños e veciñas de Deán Pequeno para avaliar a mellora do camiño da Agriña; un sendeiro que conecta dito núcleo coas proximidades da avenida da Coruña. Durante o encontro, fixeron o itinerario que habitualmente fan estes cidadáns para acudir á fonte do lugar e ir ao inicio de Coroso e o paseo das Carolinas.

Sampedro comprometeuse a estudar as diferentes alternativas posibles en función da normativa aplicable no lugar e tamén lles avanzou a adecuación da contorna da fonte mediante a limpeza e elementos como varandas para garantir o acceso en condicións de seguridade, especialmente no inverno por tratarse dunha zona sombría.

"A acción deste goberno municipal fundaméntase en escoitar aos nosos veciños para mellorar a súa calidade de vida. Esta actuación buscará mellorar as condicións de seguridade ao tempo que se garanta a súa adaptación á contorna natural", declarou a rexedora.