
A Corporación municipal de Ribeira celebrou un Pleno extraordinario na tarde do xoves, 10 de setembro, que tivo como único punto na orde do día a determinación dos festivos locais para o ano 2027, coa proposta do martes de Entroido e o día da Dorna, que saíu adiante por unanimidade.
Unha vez a Xunta de Galicia determinou os festivos autonómicos e remitiu aos concellos as peticións dos festivos locais, a Alcaldía de Ribeira convocou esta sesión extraordinaria coa finalidade de ditaminar as festividades que xa se acordaran no Pleno ordinario do mes de xuño.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, destacou que "cremos que estas datas coinciden ben no calendario do vindeiro ano para Ribeira. O martes de Entroido axudará a dinamizar social e economicamente o municipio nunha época máis baixa ao cadrar no inverno, mentres que a Dorna forma parte da identidade do municipio e está declarada Festa de Interese Turístico Galego."