Buscador

Sampedro destaca os estudos xeolóxico e xeotécnico como un paso máis cara a materialización do novo polígono industrial de Ribeira
Whatsapp: Sampedro destaca os estudos xeolóxico e xeotécnico como un paso máis cara a materialización do novo polígono industrial de Ribeira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao xerente da sociedade Xestión de Solo de Galicia-Xestur, Diego Toja, supervisaron onte o inicio dos traballos para elaborar o proxecto de urbanización do novo polígono industrial e que inclúen a realización de estudos xeolóxico e xeotécnico. Estes traballos son necesarios para avanzar no proxecto, xa en fase de licitación, e que está previsto que se adxudique nas vindeiras semanas.

Sampedro destacou estas tarefas que supoñen un paso máis cara a incrementar o solo industrial existente e dar así resposta á demanda. A rexedora explicou que se dá continuidade ao establecido no protocolo asinado no pasado mes de xullo entre o Concello de Ribeira e a Consellería de Economía e Industrial para actualizar o proxecto de construción do polígono, que finalmente terá unha superficie de 260.000 metros cadrados.

De acordo con este documento, agora o que se vai facer é actualizar, entre outros aspectos, as medicións, as solucións construtivas e as redes de servizo, actuacións que van ser contratadas e financiadas por Xestur e que permitirán avanzar no proxecto de urbanización.

Pola súa banda, o representante de Xestur afirmou que a Xunta de Galicia está a acelerar os traballos para que a finais de ano poidan estar licitadas as obras de ampliación do parque empresarial ribeirense.