null O Concello de Ribeira abre mañá ás inscricións para a participación da rapazada na cabalgata de Reis 2026
O Concello de Ribeira abre mañá ás inscricións para a participación da rapazada na cabalgata de Reis 2026
Whatsapp: O Concello de Ribeira abre mañá ás inscricións para a participación da rapazada na cabalgata de Reis 2026

Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Ribeira na tradicional cabalgata no 5 de xaneiro de 2026 cun total de 6 carrozas (unha por cada Rei Mago, a Estrela de Belén, o Carteiro Real e unha de temática mariñeira). Atendendo á normativa de seguridade, existen un total de 60 prazas para a rapazada.

Deste xeito, o Concello de Ribeira acorda ofrecer á cidadanía en xeral a totalidade das prazas mediante un procedemento de inscrición e posterior sorteo público, sendo a organización quen facilite os traxes dos paxes segundo as súas idades.

A rapazada aspirante deberá reunir os seguintes requisitos: estar empadroados en Ribeira e ter unha idade comprendida entre os 5 e 10 anos (ambos cumpridos á data de celebración do desfile).

O período de inscrición abrangue do 16 ao 21 de decembro, ámbolos dous incluídos, e o procedemento formalizarase mediante a presentación da solicitude no Rexistro do Concello de Ribeira por dúas vías: de maneira presencial, achegando o documento cuberto na Oficina de Atención Cidadá, en horario de 09.00 a 14.00 horas; ou de forma telemática (con certificado dixital) a través da sede electrónica, accedendo a trámites destacados e a solicitude xenérica para tramitar a solicitude e axuntar a ese procedemento a ficha de inscrición cuberta.

Rematado o prazo para anotarse, farase o sorteo público para determinar as 60 solicitudes seleccionadas.

A normativa e a ficha de inscrición tamén están a disposición en www.ribeira.gal.

Documentos