null Ribeira súbese ao bus do Centro Dramático Galego no 10 de abril para ver 'Hamlet' en Santiago
Ribeira súbese ao bus do Centro Dramático Galego no 10 de abril para ver 'Hamlet' en Santiago
Whatsapp: Ribeira súbese ao bus do Centro Dramático Galego no 10 de abril para ver 'Hamlet' en Santiago

O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, Sobes ao autobús do teatro?, chega de novo a Ribeira para asistir ao Salón Teatro de Santiago de Compostela no 10 de abril para ver Hamlet.

O bus sairá ás 15.45 horas dende a estación e o prezo polo desprazamento e da entrada establécese nos 5 euros.

As persoas interesadas deben reservar a súa praza no teléfono de contacto 981 835 650, en horario de atención ao público de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas; ou ben no enderezo electrónico normalizacion@ribeira.gal. A data límite para anotarse é o 9 de abril.

Hamlet é unha produción propia de gran formato dirixida por Tito Asorey, quen asina xunto a Vanesa Sotelo a versión galega deste clásico de Shakespeare cun elenco de 16 actores e actrices sobre as táboas. Publicada en 1603, a traxedia do príncipe preséntase aquí situada na contemporaneidade, 20 anos despois da súa última montaxe en galego.

O espectáculo dialoga cos dilemas da sociedade actual, interpelándonos como habitantes da era das intelixencias artificiais para reivindicar a necesidade de recuperar a humanidade.