Noticias

O Concello de Ribeira acondiciona o firme do ramal de acceso á Fieiteira
Whatsapp: O Concello de Ribeira acondiciona o firme do ramal de acceso á Fieiteira

O Concello de Ribeira continúa coa posta a punto das súas vías e espazos públicos e hoxe comezaron as obras de mellora do ramal de acceso ao complexo deportivo da Fieiteira. A intervención arranca co fresado do vello firme para, na vindeira semana, dar paso ao aglomerado.

Tamén se contempla a realización dun paso peonil elevado fronte á porta principal co obxectivo de propiciar a redución da velocidade e, en consecuencia, mellorar a seguridade viaria.

Os traballos son executados pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A. e supoñen un investimento de 22.062,11 euros, IVE incluído.