null Continúan as clausuras dos distintos obradoiros dirixidos ás persoas maiores promovidos polo Concello de Ribeira
Continúan as clausuras dos distintos obradoiros dirixidos ás persoas maiores promovidos polo Concello de Ribeira
Whatsapp: Continúan as clausuras dos distintos obradoiros dirixidos ás persoas maiores promovidos polo Concello de Ribeira

Chega o verán e toca despedir ata o vindeiros curso as clases do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores promovido polo Concello de Ribeira. No día de onte, 17 de xuño, chegou ao seu fin a segunda edición do taller de inglés que conta con preto de medio cento de participantes diferenciados nos niveis de iniciación e perfeccionamento impartidos por profesorado nativo.

O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, achegouse ata o Centro Cultural Lustres Rivas para saudar ao alumnado e desexarlles unhas boas vacacións á espera de que comece un novo curso no mes de outubro. Con relación a estas clases, o edil destacou a  "a incorporación de alumnado masculino a este obradoiro que é dos máis recentes do programa de dinamización e promoción social das persoas maiores, pois esta é a segunda edición. Nunca é tarde para aprender e, por iso, quixemos diversificar a oferta educativa ao abeiro deste programa que impulsamos dende a Concellería de Servizos Sociais."

A maiores, na tarde do 16 de xuño clausuráronse algúns dos obradoiros que se desenvolven na parroquia de Aguiño, onde hai enriquecemento educativo, memoria, taek-health, artes plásticas... "Esta é a parroquia con maior implicación nas actividades dirixidas a persoas maiores", apuntou o edil. O acto desenvolveuse na casa do mar da parroquia e centrouse nunha serie de regueifas nas que foron traballando durante o período académico. Ata alí desprazáronse a alcaldesa, María Sampedro, e os edís Vicente Mariño e Fernando Abraldes.