Bases reguladoras e convocatoria de axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícanse as bases reguladoras das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade, ano 2025.

Documentos

Noticias

O Concello de Ribeira destinará 153.627,51 euros do POS Adicional ao financiamento de gastos sociais extraordinarios
Whatsapp: O Concello de Ribeira destinará 153.627,51 euros do POS Adicional ao financiamento de gastos sociais extraordinarios

A Corporación municipal de Ribeira celebrou no mediodía do luns 12 un Pleno extraordinario sobre a participación do Concello no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ Adicional 1/2026 da Deputación da Coruña coa aplicación da achega provincial asignada aos gastos sociais por un importe de 153.627,51 euros. Deste xeito, dita contía contribuirá a financiar parte dos gastos sociais extraordinarios previstos para este 2026 que ascenden a 1.335.000 euros. A proposta saíu adiante co respaldo unánime dos presentes.

A estimación de gastos sociais para o presente exercicio inclúe a ampliación e dotación económica para as axudas de emerxencia e necesidade social (25.000 euros), a dotación da partida municipal destinada a cubrir a achega ao Servizo de Axuda no Fogar na modalidade dependencia (1.300.000 euros) e a creación ou ampliación dos servizos para o respiro e a conciliación familiar a unidades de convivencia que carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades (10.000 euros).

Durante a súa intervención, a alcaldesa, María Sampedro, destacou a política social que se segue dende o Concello de Ribeira que, como novidade, creará ese programa respiro "para coidar a quen coida", ademais de poñer en valor que todos eles "son servizos indispensables para a veciñanza."

Xunto á achega da institución provincial, a Administración local ribeirense prevé outros ingresos de arredor de 900.000 euros para contribuír a sufragar o investimento en materia social.