Bases reguladoras e convocatoria de axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade

De conformidade co previsto no artigo 9.3 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, publícanse as bases reguladoras das axudas económicas individuais para favorecer a autonomía persoal e a accesibilidade, ano 2025.

Documentos

Noticias

O Concello de Ribeira felicita ao veciño centenario Manuel Fernández Argibay
Whatsapp: O Concello de Ribeira felicita ao veciño centenario Manuel Fernández Argibay

Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay, quen no 17 de maio soprou o número 100. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar na Amarella para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega duns obsequios consistentes nun ramo de flores e unha placa de recoñecemento polo seu aniversario.

"É unha ledicia ver aos nosos maiores entrar nos 100 anos con esa vitalidade que lle permite a idade e ver que aínda continúan activos física e mentalmente, levando un envellecemento saudable", en palabras da rexedora.

Natural de Ribeira, Manuel comezou moi novo a traballar no mar, pois con 16 anos iniciouse no marisqueo a flote; oficio ao que dedicou toda a vida.

Agora desfruta dos paseos por Coroso e da súa familia, con quen festexou a benvida ao centenario nun xantar.