Buscador

O Concello de Ribeira presenta novos cursos de informática para este verán
Whatsapp: O Concello de Ribeira presenta novos cursos de informática para este verán

Hoxe tivo lugar a presentación dos Cursos do Verán do Aula Cemit de Ribeira, no acto o tamén concelleiro de Novas Tecnoloxías destacou a ampla oferta destes cursos de verán.

A formación está programada para a rapazada e para os adultos.

No mes de xullo teremos para a rapazada, Habilidades Dixitais (de 8 a 12 anos), o Campamento Dixital (de 13 a 17 anos); en agosto informa?tica divertida (de 8 a 12 anos), edicio?n de video con Davinci (de 13 a 17 anos) e Entorno de Realidade Virtual ( de 13 a 17 anos).

 

O tenente de alcalde, Francisco Suárez-puerta

Pola outra parte para os maiores no mes de xullo terán a iniciación á Informática e Internet e en agosto, Informática a Nivel Medio e Introdución ás RRSS.

 

O segundo tenente de alcalde, Franciasco Suarez-Puerta, sinalou que estes cursos do Cemit foron propostos polo Concello de Ribeira e que son de balde.

Para a inscrición pódese persoar nas instalacións do Cemit ou ao correo cemit.ribeira@ xunta.gal.